Don Policarpo de Mendoza e Rodríguez naceu en Baiona en 1706. Era cabaleiro da insigne Orde de Carlos III en 1781. Exerceu a carreira literaria en Santiago, foi provisor vigairo xeral de Oviedo e do seu bispado e cóengo da dita catedral.
Posteriormente, en 1751, foi nomeado deán da igrexa metropolitana de Santiago. Foi o fundador do convento da citada cidade, da escola de nenos da parroquia de Mañufe e dos oficios relixiosos ás 11:00 horas que se celebraban diariamente na antiga Colexiata de Baiona e na Capela do Rosario. Don Policarpo deixou rendas para atender todas esas fundacións, á par que para dotar os orfos da parroquia de Mañufe e de Baiona, así como a parentes del e, para os que non o eran, deixou dúas prazas no convento de Santiago para sempre que quixeran ocupalas.

Don Policarpo de Mendoza foi patrón e fundador do Cabido Colexial de Baiona. En febreiro de 1768, empezou a construír a casa que máis tarde se coñeceu como a do Deán, na praza da Froita, e hoxe denominada Pedro de Castro, no mesmo lugar onde había unha casa vella que lle vendeu don Francisco Antonio de Araujo e Mosquera.
O 6 de xuño de 1780, Sebastián González Nandín, natural de Baiona e residente en Cádiz, fixo un donativo de doce tornos de fiar para distribuír entre as familias que fixesen uso deles e de 750 reais para contratar mestres que ensinasen o seu uso.
Todo isto comunicóuselle a don Policarpo de Mendoza para que contribuíse coa súa parte a tal beneficio, algo que el aceptou con especial gusto por considerar que era unha obra piadosa e de validez pública.
No ano 1851, ao contraer matrimonio dona Dolores Zúñiga de Navia con don Xoán Rodríguez, recibiu esta do mordomo e administrador da Xunta Municipal de Beneficencia de Baiona 850 reais do que lle pertencía por razón de dote como parente do deán de Santiago, don Policarpo de Mendoza.

Ignórase cando desapareceron as rendas desta fundación para os nativos de Baiona pobres e honestos. Don Policarpo de Mendoza morreu o 17 de marzo de 1794 e foi enterrado na Catedral de Santiago.
A casa acabouse de construír en 1769, época coñecida como o Ano da Fame.
Este inmoble, denominado entón Casa do Deán ou de Mendoza, pasou a coñecerse nos anos 30 (1930) como a Casa de Besada e Isla, máis adiante como de Pedro de Castro, Las Verísimas e, actualmente, como hotel e restaurante Pazo de Mendoza e María do Espíritu Santo Rodrigo; el, natural de Mañufe, desempeñou varios anos o cargo de escribán no Concello de Gondomar (insolidum) por títulos da Súa Maxestade; ela naceu na casa de Moreira (hoxe Pazo de Mendoza) en Mañufe.
Contan as crónicas que don Policarpo de Mendoza, fillo ilustre de Baiona, sempre estivo disposto a facer o ben. O 16 de maio de 1783 pagou do seu peto particular as vidreiras das troneiras da Colexiata de Baiona, ao norte do templo.


volver