O Pazo da Escola atópase situado nun contorno rural, enmarcado, ao mesmo tempo, por unha zona turística perfectamente recoñecida, como é o Val Miñor. Este val constitúe unha amalgama de lugares enormemente interesantes e de gran beleza, onde se mesturan harmoniosamente praias de fina area con montes cheos de verde: a península de Monteferro, co seu monumento aos mariñeiros, é unha proba palpable desta conxugación.
 

En canto ao ámbito cultural, cómpre destacar que o Pazo da Escola está situado nunha das parroquias máis prolíficas do concello de Gondomar, onde as xentes gozan dun carácter hospitalario e están sempre dispostas a participar en calquera actividade que faga posible un progreso no ámbito sociocultural e unha mellor convivencia veciñal, así como cos visitantes que se acerquen pola parroquia de Mañufe, o que fai que se sintan coma na súa casa.

Todo isto fai que o Pazo da Escola, na parroquia de Mañufe, sexa un lugar idóneo para que o visitante pase unas inesquecibles vacacións.